Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Foliada de Vilaxoán


INFORMACIÓN

Título:Foliada de Vilaxoán
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Moi ben capéa-lo vento,
miña dorna mariñeira,
moi ben capéa-lo vento,
vas como unha boa moza,
que anda con dous a un tempo,
que anda con dous a un tempo,
ai lalelo ai lalalala.

Aí veñen as dornas do xeito
pescar as sardiñas a eito,
e van cara a banda do mar
porque en Rianxo algo han de pescar.

Nunha lanchiña de vela
pasei a Ría de Arousa,
nunha lanchiña de vela,
non vin cousa máis bonita,
ai nin penso volver a vela
nin penso volver a vela,
ai lalelo ai lalalala.

Eu parei en Vilaxoán,
indo para Vilanova,
eu parei en Vilaxoán,
tomei unhas rebanadas
ai moi ben molladas no pan,
moi ben molladas no pan,
ai lalelo ai lalalala.

Para facer unha nova busca, preme aquí.