Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Foliada mariñeira


INFORMACIÓN

Título:Foliada mariñeira
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Dous amores no meu peito
viven para o meu pensar
o da mociña que quero
i o do traballo no mar.

Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha dorniña para navegar,
para navegar, para navegar,
eu son mariñeiro da beira do mar.

Vai polo ar a gaivota,
vai polo mar a gavela,
meu corazón namorado
vai onda ti, miña nena.

A vida dun mariñeiro
é triste a máis non poder
en busca do peixe sae
sen saber se ha de volver.

Para facer unha nova busca, preme aquí.