Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

García Lorca en Compostela


INFORMACIÓN

Título:García Lorca en Compostela
Disco:Santiago, mar de pedra (1997)
Letra:Xosé Díaz Jácome
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Chove en Santiago
Meu doce amor,
Camelia branca do ar,
Brila entebrecida ó sol.

Auga peneirada
Por anxos de néboa,
Cae feito vidro
Sobre Compostela.

¡Ai como resoa
no tambor das pedras!

A enloitada lúa
E as orfas estrelas
Choran mainamente
Sobre Compostela.

¡Ai, como nos doe
o son da súa queixa!

¿Quen desfolla o pranto
das outas camelias?
¡Quen espalla bágoas
sobre Compostela!

¡Ai, que tenro orballo
soñou o poeta!

Para facer unha nova busca, preme aquí.