Historia dun grilo
INFORMACIÓN
| Título: | Historia dun grilo |
| Disco: | Cantarolas pra xente miúda (1986) |
| Letra: | Xosé Neira Vilas |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Cantaba o grilo no monte
o seu ledo cri, cri, cri,
antre herbiñas e ramallos
moi feliz.
Dempois foi pra unha lareira
perto do lume souril,
e de novo o seu grileo
fixo ouvir.
Pero un rapaz encerrouno
nunha gaioliña gris
e acabouse a cantaruxa
do cri, cri.
Mais o grilo tanto fixo
que un día logrou saír,
e outra vez anda no leiro
cantarín.

Para facer unha nova busca, preme aquí.