Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Lavativa (digo: rogativa) da chuvia


INFORMACIÓN

Título:Lavativa (digo: rogativa) da chuvia
Disco:Regodobargo (1995)
Letra:Bernardino Graña
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Que chova, que chova
a chuvia todo anova.

Queremos un diluvión
de pementos por Padrón
queremos unha enxurrada
de cabalos pola Estrada.

Queremos unha troneira
contra o cemento en Ribeira
no novo rico orgulloso
vello burro, hoxe mafioso.

Que veñan as coriscadas
e leven as alcaldadas
e peten polos tellados
de tantos aproveitados.

Que perdan sono e sombreiros
os ricachóns usureiros
e que lles brote unha praga
os troncos duros de Fraga.

Que se lle anegue o garaxe
os de cabeza de Laxe
e se lle cale o motor
o señor gobernador.

Que se lle afogue o curral
o listo do concellal
e o banqueiro e conselleiro
que pensa so no diñeiro.

Que se lles rompa o chalet
a cantos visten chaquet
e revente gran pedrisco
na facenda contra o fisco.

Que escachicen as vidrieiras
das celulosas peideiras
e bufando os furacáns
nos libren dos alemáns.

Que apaguen os tristes fumes
de incendios e de lixumes
de leste, oeste, sur e norte
chuvia e trens para Monforte.

Que chova, que chova
que a xente faise loba
presentan lindas faces
mais son lobos voraces.

Para facer unha nova busca, preme aquí.