Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Lela


INFORMACIÓN

Título:Lela
Disco:Regodobargo (1995)
Letra:Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Están as nubes chorando
por un amor que morreu
están as rúas molladas
de tanto como choveu.

Lela, Lela
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos.

Non me deixes
e ten compasión de min
sen ti non podo
sen ti non podo vivir.

Dame alento nas túas palabras
dame celme no teu corazón.
Dame lume coas tuas olladas
dame vida co teu doce amor.

Lela, Lela
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos.

Non me deixes
e ten compasión de min
sen ti non podo
sen ti non podo vivir.

O celme que andas buscando
ai está no meu corazón
eu son como o chuchameles
ai ti é lo meu abellón.

O vira, i o vira
imos a bailar
O vira, i o vira
que imos casar.

Para facer unha nova busca, preme aquí.