Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Máis coraxe


INFORMACIÓN

Título:Máis coraxe
Disco:As palabras dos galegos (1998)
Letra:Antonio Noriega Varela
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Xan Peisano boi pousón
máis coraxe e menos calma
non sexas corpo sin alma
nin home sin corazón.

Si en que merecer che dan
si o infortunio che dobrega
é porque fas coma un can
que aloumiña a quen lle pega.

Ten sempre un xardolo a man
pra abatir a quen che sobra
e non remedes a cobra
nin te arrastres polo chan.

Rebólate sin rebozo
que soio porque ti queres
che esfola o xugo o pescozo
e levas grillóns nos pes.

Para facer unha nova busca, preme aquí.