Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Marica


INFORMACIÓN

Título:Marica
Disco:O pandeiro de Marica (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Marica, si vas ó río lavar,
non batas a roupa que a podes rachar,
que a podes rachar, que a podes prender,
Marica si vas ó río a beber.

Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.
Ai lalelo ai lalalo.

Que ben baila, que ben baila
a do zapato baixiño,
que ben baila, que ben baila
ai na beira do camiño.
Ai lalelo ai lalalo.

Non chas quero, non chas quero,
nabizas do teu nabal,
non chas quero, non chas quero,
que me poden facer mal.
Ai lalelo ai lalalo.

Que ben baila, que ben baila
a da chaqueta redonda,
moito millor bailaría
si a tivera máis longa.
Ai lalelo ai lalalo.

Para facer unha nova busca, preme aquí.