Meniñas da Coruña
INFORMACIÓN
Título: | Meniñas da Coruña |
Disco: | Concerto en Taragoña (1978) |
Letra: | Eduardo Pondal |
Música: | Verbas Xeitosas |
Voz: | Verbas Xeitosas |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Miniñas da Cruña,
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos lixeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade galego.
Cando é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade galego.
Mais cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
anxélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade galego.
Para facer unha nova busca, preme aquí.