Meu caraveliño
INFORMACIÓN
| Título: | Meu caraveliño |
| Disco: | É nadal (1994) |
| Letra: | Dora Vázquez |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
¡Coitado, coitado,
meu caraveliño!
Nasciche nas pallas.
Non houbo outro niño.
Renxia a xiada
en cristáis de frío,
e o teu tenro corpo
estaba espidiño.
¿Por que, sendo Rei,
nasciche probiño?
¡Coitado, coitado,
meu caraveliño!
¡Como Ti me does
a min, meu ruliño,
que tamén de pallas
che tiven o niño!

Para facer unha nova busca, preme aquí.