Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Meus cabalos


INFORMACIÓN

Título:Meus cabalos
Disco:Cousas da lúa (1999)
Letra:Roberto Blanco Torres
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Ó trote, ó trote, cabalos,
meus cabalos ardesíos;
ó trote pol- a encañada,
pol- os curutos altivos,
ó trote pol- a encañada,
pol- as taciturnas gándaras.

Ó trote, ó trote, que zoa
por cómaros e valgadas,
no vento que leva fogo
fundindo o eco nas almas,
o clarín dos adalides
convocando para batalla.

Ó trote, ó trote, voade,
meus cabalos ardesíos,
ideas transfiguradas
en aéreos hipogrifos.
Ó trote, ó trote, voade,
meus cabalos ardesíos.

A galope, meus cabalos,
os de com'o vento brío.
A galope, que ja ondeam
alá nos cumes esquivos
os críns alados de lume
dos meus cabalos invictos.

Para facer unha nova busca, preme aquí.