Mira Maruxiña
INFORMACIÓN
Título: | Mira Maruxiña |
Disco: | Gravación en Barcelona (1975) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Maruxa si vas á feira,
mira Maruxiña, mira,
mércame un porco rabelo, mira,
mira Maruxiña, mira,
mira como veño.
Que si mo mercas con rabo,
mira Maruxiña, mira,
non me colle no cortello, mira,
mira Maruxiña, mira,
mira como veño.
Este porco come moito,
mira Maruxiña, mira,
bótalle un caldeiro cheo, mira,
mira Maruxiña, mira,
mira como veño.
Este porco hai que capalo,
mira Maruxiña, mira,
que lle medrou moito o grelo, mira,
mira Maruxiña, mira,
mira como veño.
Tamén aparece en:
Vai de roda en roda |
Para facer unha nova busca, preme aquí.