Na beira
INFORMACIÓN
Título: | Na beira |
Disco: | Vai de roda en roda (1998) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Ollos verdes son traidores,
azuis son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros.
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar,
pra ir a navegar, ppra ir a navegar,
na beira, na beira, na beira do mar.
Cinco sentidos que temos,
todos os necesitamos,
pero os cinco perdemos
cando nos enamoramos.
Vinte hoxe pasar o río
con zoquiñas de madeira,
ías arremangadiña
ao pasar pola ribeira.

Para facer unha nova busca, preme aquí.