Na tardiña
INFORMACIÓN
| Título: | Na tardiña |
| Disco: | Cantarolas pra xente miúda (1986) |
| Letra: | Xosé Neira Vilas |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Na tardiña morna
do ridente sol,
o vello velliño,
ledo e falador
xúntase cos nenos
sobre o pontillón
pra contar historias
que a el lle contou,
fai tempo de tempos,
seu lonxano avó.
Os nenos escoitan
atentes á voz
do amigo velliño,
e asegún o ton
vanse pondo serios
ou rinse a cachón
cos ditos chusqueiros
dese amigo bón.
Na tardiña morna
de ridente sol.
A tardiña acaba
cando fuxe o sol
e cadaquén vaise
por onde chegou,
mentras escurece
sobre o pontillón.
Na tardiña morna
de ridente sol
fai tempo de tempos
seu lonxano avó.

Para facer unha nova busca, preme aquí.