Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

No medio da ría


INFORMACIÓN

Título:No medio da ría
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Heiche de contar un conto,
un conto de mil mentiras,
heiche de contar un conto,
un conto tódolos días,
un conto tódolos días,
ai lalelo, ai lalalo.

E no me e no medio da Ría,
ó compás, ó compás do cantare,
o ventiño que viña de lonxe,
íballe á ventana a petare,
íballe a ventana a petare,
ai lalelo, ai lalalo.

Hei de beber augasanta
nas fontiñas dos teus ollos
porque son tan bonitiños,
que volven os homes tolos,
que volven os homes tolos,
ai lalelo, ai lalalo.

Coitadiño, coitadiño,
coitadiño do que chora,
quen come o allo verde,
non o pode botar fóra,
non o pode botar fóra,
ai lalelo, ai lalalo.

Para facer unha nova busca, preme aquí.