Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Noite das noites


INFORMACIÓN

Título:Noite das noites
Disco:É nadal (1994)
Letra:Fermín Bouza Brey
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Noite das Noites en Belén!
Fun pegureiro no Portal,
levei un chifro de alcacén
e unha fogaza candeal.

Canto anxeliño a recrear!
Cantas estrelas de arredor!
E canta almiña a se salvar
ao pé do Neno Redentor!

Noite das Noites en Belén!
Un vello cego de Xudá
cantaba un ledo leixaprén,
louvando á Eterna Craridá!

Canto anxeliño a recrear!
Cantas estrelas de arredor!
E canta almiña a se salvar
ao pé do Neno Redentor!

Noite das Noites en Belén!
Misterio inmenso que alí vin!
Foi alborada para min
e mais pra vós. Amén. Amén!

Para facer unha nova busca, preme aquí.