Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O caneco


INFORMACIÓN

Título:O caneco
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Os ollos con que me miras
son como as augas do mare,
os ollos con que me miras,
nunca os podrei olvidare.

E zúmballe ó caneco,
e ó caneco zumba,
e zúmballe ó caneco,
toda a noite troa e zumba.

Catro aves escollidas,
son as que pasan o mar:
o cuco e maila anduriña,
a rula e o paspallás.

Os suspiros dunha mincha,
as bágoas dun mexilón,
os cantares dun percebe,
fan chorar a un camarón.

O corvo cando camiña
dalle ás mulleres envexa,
móvese dun lado a outro,
que vai de esquerda a dereita.

Para facer unha nova busca, preme aquí.