O cantar de Mari Pepa
INFORMACIÓN
| Título: | O cantar de Mari Pepa |
| Disco: | Rapazas, rapaces e rapazadas (1998) |
| Letra: | Antón Zapata García |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Cantan na rúa os neniños
o cantar de Mari Pepa
e por velos, os pardaes
axexan baixo das tellas.
A serriña, serra
ti polo mar
i eu pola terra.
Canta, canta miña rula
canta, canta Mari Pepa
o cantariño sinxelo
o cantar que sempre empeza.
Collen a filaza os nenos
e unha crus fixeron dela
e mentras un tira ós lados
o outro tira pras pernas.
Cantemos, cantemos sempre
nenos da raza galega,
o cantar do Cantaceibe
o cantar de Mari Pepa.

Para facer unha nova busca, preme aquí.