Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O cepo


INFORMACIÓN

Título:O cepo
Disco:Cousas da lúa (1999)
Letra:Roberto Blanco Torres
Música:Suso Vaamonde / Código de Barras
Voz:Código de Barras

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Ja sei, ja sei quén eres,
Euménide d'estes tempos.
Moito aquel por afora
pero ren, por adentro.

Tel- a melena curta
e pintura nos beizos;
os ollos co carbén
fingen ter un misterio,
e coas pernas ó aire
tes arranjado o cepo.

Pero non te aproperes,
porque eu ben te coñezo.

Do vello Schopenhaüer
certa frase relembro,
i é inútil que te rapes,
despistando, o cabelo.

Moi feitiña, eso sí,
moito refinamento:
tés, automobles, tangos,
e latricar moderno.
Moite aquel por afora,
pero ren por adentro.

¡Ja sei, ja sei quén eres,
Euménide d'estes tempos!

Para facer unha nova busca, preme aquí.