O Deus probiño
INFORMACIÓN
Título: | O Deus probiño |
Disco: | É nadal (1994) |
Letra: | Pura Vázquez |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Panos de inxeles puntilas
e sabáns de liño quero,
para envolver ao probiño
neno bunito do ceo.
¡Ay, qué doce, qué pequeno,
iste amor dos meus amores!
¡Poñéille no berce duro,
tenruras de beixo e frores!
¡Poñéille lan da máis fina
na tépeda cabeceira;
e aledáille a Noite Boa
con gaitas e pandeiretas!
¡Facéime doce regazo,
Señor, pra iste pequeniño!
Pra que poda acobexalo,
facéime frol, pruma ao niño!
¡Vinde todos, vinde axiña,
romeiros dos mil camiños!
¡A estrela aluma en Belén
ao Deus de azúes olliños!
Para facer unha nova busca, preme aquí.