Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O incendio da Porta do Sol


INFORMACIÓN

Título:O incendio da Porta do Sol
Disco:O pandeiro de Marica (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

E cando foi do incendio
que houbo na Porta do Sol,
ardeulle a reloxería
i o quiosco do maricón,
ardéronlle as coliflores, recoño,
as bananas e os melocotóns.

Quen se alegrou moito desto
foi a amiga Chupeteira,
que para mirar o incendio
asubiuse a unha escaleira
para ver como ardía, recoño,
o quiosco na parte traseira.

Chegaron os bombeiros,
levaron un sofocón,
comenzaron a buscar
soio toparon carbón
e Maximino dicía, recoño,
esta foi a miña perdición.

Cando chegaron alí
xa estaba todo apagado
e andaban as leitugas
por enriba do tellado.
E Maximino dicía, recoño,
este incendio foi intencionado.

Maximino apurado
parecía don Tomás.
E a muller preguntoulle:
Maximino, ¿pero adonde carallo vas?
Vou a mirar o quiosco, recoño,
que me ardeu pola parte de atrás.

Para facer unha nova busca, preme aquí.