O mozo Daniel
INFORMACIÓN
Título: | O mozo Daniel |
Disco: | Concerto en Pontevedra (ca. 1986) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Ouro vello de outono e prata fina
a lúa por debaixo, o sol enriba.
Nesa túa sorrisa de auga e fume,
mozo Daniel, na que se acouga o vento
sorrí decote a ialma de Galicia
feita de amor e troquelada en tempo.
Longo río de sono e mar de cinza
a lúa por debaixo, o sol enriba.
Por isse rostro teu, espello esaito
no que zugan solpores as estrelas,
pasan mestas bandadas de amarguras
albaradas de luz, noites de pedra.
Escuma de mencer e cotovías
a lúa por debaixo, o sol enriba.
Cómpre sorrir arreo, sin descanso
pois so sabe sorrir quen ten espranza
que a terra dos abós Galicia eterna
pola túa sorrisa será salva.
Afía a esperanza, a fouce afía
a lúa por debaixo, o sol enriba.
Tamén aparece en:
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro | |
Concerto en A Pobra de Trives |
Para facer unha nova busca, preme aquí.