O piñeiro
INFORMACIÓN
| Título: | O piñeiro |
| Disco: | Cantarolas pra xente miúda (1986) |
| Letra: | Xosé Neira Vilas |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Había un piñeiro
na cima do coto,
un piñeiro vello
que sempre era mozo.
Dende pequerrecho
foi bon amigolo
do sol e da choiva
do monte, de todos...
Sobor del chiaban
paxariños tolos,
e os nenos rubíano
gatuñando fonchos.
No pasado inverno
o vento arrincouno
e quedou deitado
derriba dos toxos.
Foise murchecendo
pouqueniño a pouco,
ate ser apenas
un probe cachopo.
Dempois, cunha serra,
fendérono todo
co mentes de darlle
un trafego novo.
Coas táboas fixeron
sete lavadoiros,
un berce moi chusco
e a porta dun forno.
Tal foi o destino
xeneroso e longo
do vello piñeiro
da cima do coto.

Para facer unha nova busca, preme aquí.