Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O picato


INFORMACIÓN

Título:O picato
Disco:Concerto en Taragoña (1978)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Verbas Xeitosas

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Eu fun ao Picato
buscar unha nena,
eu fun ao Picato,
víñenme sin ela,
víñenme sin ela,
víñenme sin ela,
Eu fun ao Picato
buscar unha nena.

Da pelexa dun carneiro
o xastre fixo a monteira,
deixou na pelexa os cornos
anda cos cornos na testa
ai lalelo ai lalala.

De madeira de cacique
teño que facer un carro.
As rodas de pregoeiro
estadullos de escribano.
ai lalelo ai lalala.

Unha vella e máis un vello
tentaron de se casare:
a vella por estar quente,
o vello por se quentare.
ai lalelo ai lalala.

Para facer unha nova busca, preme aquí.