O río
INFORMACIÓN
| Título: | O río |
| Disco: | Cantarolas pra xente miúda (1986) |
| Letra: | Xosé Neira Vilas |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Fuxe o río, polo río
caladiño, sin dar pío.
Leva follas de ameneiro
que esparexe no areeiro.
Fuxe o río, polo río,
caladiño, sin dar pío.
Escalos, troitas e anguías
relocen nas augas frías.
Fuxe o río, polo río,
caladiño, sin dar pío.
Nas ponlas dos arboriños
chían melros i estorniños.
Fuxe o río, polo río,
caladiño, sin dar pío.
Sin présa, coa agua a fío,
marcha día e noite o río.
Fuxe o río polo río,
caladiño, sin dar pío.

Para facer unha nova busca, preme aquí.