Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O rondín rondiño


INFORMACIÓN

Título:O rondín rondiño
Disco:É nadal (1994)
Letra:Emilio Pita
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

O rondín rondiño
dos catro paxaros
e un caraveliño.

Nun vello sabugueiro
o ledo verderol,
alinda de lelias
o berce verde e mol.

A carón da queiroa
e do toxo belido
o pimpín viribín,
aleda o herbal frolido.

Doa souril o melro
folias arrufadas,
i escintilan na noite
peroliñas pingadas.

Nalbariza dourada,
alborada doncel
o mazarico pica
a cántiga do mel.

Para facer unha nova busca, preme aquí.