O vello e o neno
INFORMACIÓN
Título: | O vello e o neno |
Disco: | Limiar (1979) |
Letra: | Darío Xohán Cabana |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O vello toconea
ó carón da fogueira.
O vello toconea
no escano da lareira.
O vento desatado
peta forte nas lousas.
O vento desatado
peta en tódalas cousas.
O lume de carballo
ronxe na chaminea.
O lume de carballo
érguese e charetea.
O carón del, o vello
toconea lembranzas.
O carón del, o vello
ten mortas as espranzas.
O neno está mirando
cómo o vello adormece.
O neno está mirando
os enseños que tece.
Nun intre, o vento aceso
con máis potencia crúa.
Nun intre, o vento aceso
na chaminea brúa.
A lapa da fogueira
faise algo máis cansiña.
A lapa da fogueira
parece ir morrer axiña.
Entón, o vello fala
e di o seu consello.
Entón, o vello fala
e o neno escoita ó vello.
Non deixes que se apague
o lume do fogar.
Non deixes que se apague,
pois hai leña no unllar.
Non deixes que se apague,
que nos imos xear.
Non deixes que se apague
o lume do fogar.
Para facer unha nova busca, preme aquí.