Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O vento


INFORMACIÓN

Título:O vento
Disco:Cantarolas pra xente miúda (1986)
Letra:Xosé Neira Vilas
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

O vento unha noite
botouse a zoar
con tódolos folgos
que puido xuntar.

Bufaba teimoso
ó longo do val,
na cima dos cotos
e no piñeiral.

Nas tellas, no alpendre,
na porta e no lar,
testán sen acougo
veña de fungar.

Pero tras da noite
chegou a mañán,
e o vento rinchante
deixou de bruar.

Para facer unha nova busca, preme aquí.