Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O vivir en Vigo


INFORMACIÓN

Título:O vivir en Vigo
Disco:O pandeiro de Marica (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

O vivir en Vigo
¡que bonito é!
Andar de parranda
e dormir de pé.

Bebín un viño albariño
por ver si me consolaba,
i o viño como era novo,
i o viño, i o viño como era novo,
ó ilo a beber choraba.

Teño unha vaca amarela
e un galo cantareiro
e unha galiña con pitos,
e unha ga, unha galiña con pitos
e un bo viño do Ribeiro.

Unha neniña choraba
arrimadiña a un palleiro,
tiña a gaitiña na man,
tiña a gai, tiña a gaitiña na man
e faltáballe o gaiteiro.

O río cando vai cheo
leva carballos e follas,
tamén podía levar,
tamén po, tamén podía levar,
as lenguas marmuradoiras.

Para facer unha nova busca, preme aquí.