Onde están os teus fillos (Os labregos)
INFORMACIÓN
Título: | Onde están os teus fillos (Os labregos) |
Disco: | Limiar (1979) |
Letra: | Manuel Rodríguez López |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Onde están os teus fillos? onde anda a mocedá?
que facedes, meus vellos,nisa pecha soedá?
Fuxiron a outras terras en procuro de pan;
enxamais ó seu pobo, quizaves, tornarán.
Traballaban, coitados, todas horas do día
na fogaxe do vrau e na crua invernía,
pra manterse de caldo, cachelos e touciño,
na lama e no trolleiro fozando do camiño.
Indo ben as estrelas, dá perdas o centeo;
que choven os trabucos, afogantes... arreo...
O intermediario paga os pitos i as patacas
a precios de miseria pra enchelas suas sacas
i o becerreiro gaña nunhas horas de trato
o que o noso labrego perde por moi barato.
Fican pra o monte as bouzas; cheus de toxolos soutos.
As ribeiras son acios, o lobo inza os picoutos.
Non hai xeito que darlle. Non se pode amañar;
por iso os nosos fillos tiveron que emigrar.
"Hai que industrializarse, esquecer xeitos vellos...
concentración de leiras, pinos..." Cántos consellos!
Estadística dice que no agro sobra xente
e que o vinte por cento quedará escasamente...
Fai anos que che abura o malfado, Galicia.
Trunfará, se non loitas, mil anos de inxusticia.
O gran señor das granxas, devanou moito o seso
e volve o feudalismo co mandil do progreso.
Se axiña non esganas o Sino caciqueiro
que che atenaza a ialma e choe teu vieiro,
irás esmorecendo cal triste fol sen vento,
ollando como alanca veloz teu pasamento.
Para facer unha nova busca, preme aquí.