Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Os astronautas


INFORMACIÓN

Título:Os astronautas
Disco:O pandeiro de Marica (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Nos somos os astronautas
que acabamos de chegar,
xa traemos recorrido
todo o Sistema Lunar.

Ai lalelo ai lalelo
ai lalelo ai lalalalá.
Ai lalelo ai lalelo
ai lalelo ai lalalalá.

Andivemos cacheando
e non atopamos nada,
nin plantas, nin animales,
nin un can que nos ladrara.

Pasamos por moitas capas
pra vir ver a nosa xente,
nunha había moito frío,
noutras un calor doente.

Nos ó vernos aburridos
facíamos a do tonto,
porque xa non pensabamos
de vos vir contar o conto.

Houbemos de morrer secos
o que máis e o que menos,
desta fumos escapando
e noutra non nos metemos.

Para facer unha nova busca, preme aquí.