Ourense ao lonxe
INFORMACIÓN
Título: | Ourense ao lonxe |
Disco: | Concerto en A Pobra de Trives (ca. 1985) |
Letra: | Manuel de Dios |
Música: | Manuel de Dios |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Galicia ten unha porta
a portiña do abrente
e os camiños que dan nela
pasan todos por Ourense.
De Ourense son e alí deixei
nas Burgas soños de infancia
no Santo Cristo a devoción
na Ponte o meu corazón.
Cando o Miño chega a Ourense
rouballe a Ponte un biquiño
e o pasar polo Ribeiro
canta ledo e bebe viño.
Os que nacen en Ourense
levan no peito un luceiro
coa roda polos camiños
percorren o mundo enteiro.
Cando o Miño chega a Ourense
dille a Ponte moi baixiño
sinón fora por Ourense
non serías Río Miño.
De Ourense son e alí deixei
nas Burgas soños de infancia
no Santo Cristo a devoción
na Ponte o meu corazón.

Tamén aparece en:
Regodobargo | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.