Pelo caminho cara a compostela
INFORMACIÓN
Título: | Pelo caminho cara a compostela |
Disco: | Santiago, mar de pedra (1997) |
Letra: | Xosé Antón Neira Cruz |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Pelo caminho cara á Compostela
Madre, a cantar, vén unha doncela.
Namorada vai.
Trobas d'amor porta no seu cór.
Pelo caminho que vén do Cebreiro
Madre, a cantar, baixa un cabaleiro.
Namorado vén.
Trobas d'amor porta no seu cor.
Madre, a cantar, tamén eu irei
Ca muito gozo co esto terei.
Namorada vou.
Trobas d'amor porto no meu cór.
Madre, a cantar, virá meu doncel
Ca muito goza en prez. De segrel.
Namorado vén.
Trobas d'amor portan no seu cór.
Madre, a cantar, cantigas mui belas
Toda a viaje ata Compostela.
Namoradas imos.
Trobas d'amor portamos no cór.

Para facer unha nova busca, preme aquí.