Polo correio do vento
INFORMACIÓN
Título: | Polo correio do vento |
Disco: | Menceres (1986) |
Letra: | Aquilino Iglesia Alvariño |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Polo correio do vento
mándoche a miña canción,
nun sobre de sentimento
que asinei no corazón.
Escribín liña por liña,
á luz da miña saudade,
no colo dunha estreliña.
A esa hora no valiño,
se cadra, a sombra dos arbres
morrera sobre o camiño...
Ao acaba-la canción,
sequei a tinta, inda verde,
co po da miña canción.
E logo fun a botar,
ás altas horas da noite,
polo buzón do luar...
Estaba todo calado,
no buzón habia unha carta
dun luceiro namorado.
Máis tarde sentín pasar
o peatón dunha nube
co correio do lugar...
Cando por ahi pase o vento,
Terriña do corazón,
nun sobre de sentimento
darache a miña canción...
Para facer unha nova busca, preme aquí.