Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Pousa, pousa


INFORMACIÓN

Título:Pousa, pousa
Disco:Concerto en Taragoña (1978)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Verbas Xeitosas

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Fun ao muíño do meu compadre,
fun polo vento e vín polo aire,
e como é cousa de encantamento,
fun polo aire e vín polo vento.

E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña.

Ondearon as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas,
iso é verdade i eu non o nego,
que eu andiven a loitas co crego.

Maruxiña cando chove
pon o neno no tellado,
o neno de Maruxiña
cando chove está mollado.

Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo,
cando me case xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo.

Tamén aparece en:

Vai de roda en roda

Para facer unha nova busca, preme aquí.