Praia en calma
INFORMACIÓN
Título: | Praia en calma |
Disco: | Rapazas, rapaces e rapazadas (1998) |
Letra: | Bernardino Graña |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Unha ola
mol e fonda
forte e donda
como o mar.
Unha leda
roda de auga
como seda
no areal.
Gota a gota
pola area
loce e bela
co pai sol.
E na noite
loce estrana
coa nai lúa
no luar.
Coa marea
pula e zoa
trae á terra
brisa e sal.
Mais na beira
hai unha fada
que pon calma
ó ben calar.
Para facer unha nova busca, preme aquí.