Que ten o meniño?
INFORMACIÓN
Título: | Que ten o meniño? |
Disco: | Nin rosmar un laído (1977) |
Letra: | Manuel Rodríguez López |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
¿Que ten o meniño
que sen parar chora,
coas maus na cariña
de pé xunto a porta?
¿Pegoulle algún neno
pra quitarlle as bolas?
¿Quizais lle mordeue
o can a pelota?
¿Que ten o meniño
que sin parar chora?
Cediño moi cedo,
na cara bicouna
pero a mai calada
non daba resposta.
Seus ollos pechados
sen cor a boca
as meixelas brancas
frías como a lousa.
¿Que ten o meniño
que sen parar chora?
O neno moi cedo
na cara bicouna
a nai dormidiña
non daba resposta.
¿Que ten o meniño
que sen parar chora?
Tamén aparece en:
Lembranza |
Para facer unha nova busca, preme aquí.