Quedei no bar en seco como un peixe
INFORMACIÓN
Título: | Quedei no bar en seco como un peixe |
Disco: | Lembranza (2000) |
Letra: | Bernardino Graña |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Quedei no bar en seco como un peixe
ó te marchares ti, mar en devalo.
Foi o teu corpo o mar e todo o peixe
do que fun mariñeiro fracasado.
E foi tamén un Pórtico da Gloria
onde romeiro quixen ser un anxo.
Oh doce o templo aceso do teu corpo
pra quen sen fe nen luz viña a Santiago.
Cómo fixeches destas mans ardentes
como precioso frío peixe rápido.
Xa Compostela afoga en gris de chuvia
e dende aquí ó teu Lugo eme naufraxio.
Voume do bar, das risas e tertulias,
que agora sabe alí o café máis agro.
Vou Bonabal arriba pola Anguria
ó meu silencio en Rúa do Home Santo.
Oh doce o sal e a prata do teu peixe
aínda a nadar no meu ensoño lago.
Quedei no bar en seco como un peixe
ó te marchares ti, mar en devalo.
Tamén aparece en:
Santiago, mar de pedra |
Para facer unha nova busca, preme aquí.