Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Roda de nenos


INFORMACIÓN

Título:Roda de nenos
Disco:Rapazas, rapaces e rapazadas (1998)
Letra: Popular
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Estábase un señor gato
en silla de ouro sentado,
calzando media de seda
zapato branco e picado.

Preguntáronlle os amigos
se queria ser casado
con Michuquiña Morena
que andaba alí ó lado.

Fíxose desentendido
do seu rango moi preciado,
mais indo un dia tras ela
caeuse dende un tellado.

Médicos ciruxanos
logo o dan por desahuciado
i el logo fai testamento
en tono desconsolado:

Ña madriña se meu morro
non me enterren en sagrado,
entérrenme en campo verde,
onde a pacer vai o gado,

déixenme a cabeza fora
i o cabelo ban peiteado
para que digan as xentes:
Este probe desdichado
non morreu de mal de amores
nin tampouco de costado
que morreu de mal de amores
que é un mal desesperado.

Para facer unha nova busca, preme aquí.