Rodiña roda
INFORMACIÓN
| Título: | Rodiña roda |
| Disco: | Rapazas, rapaces e rapazadas (1998) |
| Letra: | Dora Vázquez |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Bolboreta voa,
voa bolboreta,
bolboreta vente
conmigo pra serra.
Alí hai tomelo,
tamén herbaboa,
e alí xogaremos
a rodiña roda.
Verás ós pastores
gardar nas ovellas,
e ouvirás na ermida
cantar a novena.
Bolboreta voa,
voa bolboreta
que o sol pola cume
xa doura na serra.
Frorece o tomelo,
tamén a herbaboa,
e alí xogaremos
a rodiña roda.

Para facer unha nova busca, preme aquí.