Romage da post-guerra
INFORMACIÓN
Título: | Romage da post-guerra |
Disco: | Cousas da lúa (1999) |
Letra: | Roberto Blanco Torres |
Música: | Suso Vaamonde / Código de Barras |
Voz: | Código de Barras |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Alá no curuto a ermida,
coas espadañas en festa;
dend'a víspera as esquilas
gabando ó santo tolean.
Estralan no adro os foguetes,
non se traballa nas leiras,
e o disanto envolve a paz
virgiliana das aldeas.
Polos camiños de longe,
baijo dun sol que requenta,
as mozas, moi peiteadas,
sin darlle o anceio esperan,
suben e baijan e tripan
os tojos, choutando as pernas,
por mor de que non ll'esgacen
do trinc as medias de seda.
A música da Bragaña,
ou a banda de Rivela,
ja non se estilan. ¿Quén hoge,
por atrasado que sea,
non se bota un charlestón,
un tango ou un "fox" na festa?
¿Quén ainda, ó son da gaita,
ponse o beila-la muiñeira?
A romage vai caindo,
cínguese a ermida de néboas,
i as mozas voltan, quentando
unha ilusión, car'a aldea,
e por montes e congostras
oise cantar, con voz rexa,
a "Madelón" e a "Ramona",
que foron o chic da festa.
Para facer unha nova busca, preme aquí.