Romance da frebe
INFORMACIÓN
Título: | Romance da frebe |
Disco: | Santiago, mar de pedra (1997) |
Letra: | Ramón Cabanillas |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Nos labrados do Obradoiro
Hai soños á madurar.
O ferro frorece. Os santos
De pedra rompen a andar.
Greas de vivos e mortos
Chamadas de un mesmo afán,
Dos catro rumbos da Terra
Saien a pelegrinar.
Levan por diante unha estrela,
Sant Iago por Capitán.
Sobre o Pazo de Raxoi
Voa a pomba de Grial
E ó longo dos corredores
Ollos que miran pasar
Capas albas da raíña,
Púrpuras de cardeal.
Nas cadeiras dos estrados
Érguense, a xuramentar,
Vellos escanos que portan
Núas espadas na man.
Voces das montañas outas,
Balbordos da beiramar.
Batelar da Terra ceibe
Nos sinos composteláns.

Para facer unha nova busca, preme aquí.