Romance do feitizo de amor
INFORMACIÓN
| Título: | Romance do feitizo de amor |
| Disco: | Menceres (1986) |
| Letra: | Eduardo Blanco Amor |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Arrimeime a un pino verde
contando estar acollido,
menos da choiva do ceo
que do meu propio feitizo.
Pedinlle consolo ao ar
pasouse o ar fuxitivo;
pedinlle consolo as aguas,
de min se arredaron rindo;
senteime á veira do mar,
¡atopeime tan cativo!
Quixen deprender coas olas,
soio deprendín sospiros;
quixen parolar nubes,
tan outas non me sentiron.
Aos paxaros rexoubeiros
amostreilles o meu sino,
os paxaros peteiraron
no meu corazón ferido.
Funme consellar coas pedras
vellas coma o mundo mismo,
mostráronme a súa dureza
i eu entendín o seu dito.
Canso do longo penar
arrimeime a un verde pino
e faleille: ¿Entenderás
ti meu door, irmanciño?
I en troques de responder
botouse a chorar conmigo.

Para facer unha nova busca, preme aquí.