Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Romance do señor das carapazas


INFORMACIÓN

Título:Romance do señor das carapazas
Disco:Cousas da lúa (1999)
Letra:Roberto Blanco Torres
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde / Código de Barras

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

O señor das Carapazas
ten trinta moios de renda,
nove fanegas cumpridas
e os castaños da devesa.
Dalle á súa filla as codias
para que por amor da mantenza
non ll'alubisquen os mozos,
e il atasca na parenta.

O señor das Carapazas
ten ateigada a despensa,
unha filla esmirriada
e unha bombona manceba.
Déijaa pechada na casa
cando vai coa filla a igresa,
e doise pol- o camiño
da probiña que está inferma,
dos eidos que non dan froito
e da anada, qu'é pequena.

O señor das Carapazas
ja non ten ren na despensa,
morreulle a filla de fame,
tiran para baijo as facendas,
e se Deus non- o protege,
vaise a quedar sin manceba.

Para facer unha nova busca, preme aquí.