Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Romanciño dos que van e veñen


INFORMACIÓN

Título:Romanciño dos que van e veñen
Disco:Regodobargo (1995)
Letra: Anónimo
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Son os que se veñen
son os que se van
os que se dan presa
por antes chegar.

Uns van pola terra
outros polo mar
algúns mel e canto
os máis pranto e sal
todos se dan presa
por antes chegar.

Nin dos que se veñen
nin dos que se van
dos que ollando a lúa
decote se están.

Son, máis xa me dixo
rexa por razal
que por haber nado
fillo de Breogán
terei de ser logo
un dos que se van.

Para facer unha nova busca, preme aquí.