Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Romanciño da rosiña


INFORMACIÓN

Título:Romanciño da rosiña
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Rosiña andaba descalza, ai Rosiña,
Rosiña porque quería
que a casa do zapateiro, ai Rosiña,
Rosiña ben a sabía.

Rosiña, Rosiña, Rosa, ai Rosiña,
Rosiña, Rosa, encarnada
tarde te deitas chorosa, ai Rosiña,
érgueste sempre á alborada.

Vente conmigo Rosiña, ai Rosiña,
non regues máis a roseira
que esta noite vai chovere, ai Rosiña,
rosa mollada non cheira.

Rosiña, Rosiña, Rosa, ai Rosiña,
deixa quedar a roseira
dormirás na miña cama, ai Rosiña,
serás miña compañeira.

Para facer unha nova busca, preme aquí.