Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

San Saturnino


INFORMACIÓN

Título:San Saturnino
Disco:Música mestre (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Eu fun á feira de San Saturnino,
encheime de viño, de rir e troulear,
bailei a muiñeira, brinquei coas nenas
e cun pao pequeno din paos a mallar.

Desfíxenlle o baile, rompinlle o pandeiro
e os mozos de Outeiro viñéronse a min.
E dono me fixen do campo enseguida,
da miña mociña dos paos que lles din.

Voltei un anaco con tres de Liñares,
tumbeinos ós pares sin nada nas mans,
e cun puñetazo dos meus cotomelos,
chimpeille os queixeiros a tres de Barbáns.

Sentín o aturuxo no medio da ponte,
que hasta o mesmo monte sentín que estrombou.
Deixeime de andar e "apreta mociña"
pois cara min viña quen me aturuxou.

Sentín uns homes no monte correndo
cos paus levantados como uns ladróns.
Despois de mallarme xunto a un posadoiro,
puxéronme en coiros aqueles bribóns.

Non volvo a feira de San Saturnino,
nin bebo máis viño, nin volvo a troulear,
nin bailo a muiñeira nin brinco coas nenas,
nin co meu pauciño dou paus a mallar.

Si vas a festa de Velle virás aburrido,
comerás castañas asadas e leite fervido.

E ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron,
e róncalle o corazón, e róncalle o corazón.

Para facer unha nova busca, preme aquí.