Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Saraibiñas


INFORMACIÓN

Título:Saraibiñas
Disco:Limiar (1979)
Letra:Ramón Cabanillas
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

¡Alma rexional e ardente
canta anque che coste bágoas!
¡Teus cantares son semente!

¡Hastra que os ladrós enxorden,
antre as "saraibas" que bican
pon as que firen e morden!

Está cativa a roseira,
mais, dempois de tanto inverno...
Suevia ha de ter primaveira.

¡Xa sei, xa sei que fan falla
moitas fouces, moitos mistos
e moitos feixes de palla!

Axiña esperta Galicia
que xa se cuspe ós caciques
e fai ruxir a inxusticia!

¡Xa o novo día alumea!
¡Xa a Sociedá dos labregos
ten chouza propia na aldea!

A noite é fría i escura
pro ó fin o amañescer
trainos co sol a quentura!

¡Patriano, o meu rogo escoita!
¡Eu quero estar á túa beira
no roxo día da loita!

Para facer unha nova busca, preme aquí.