Sonata ao romanticismo
INFORMACIÓN
Título: | Sonata ao romanticismo |
Disco: | Menceres (1986) |
Letra: | Eduardo Blanco Amor |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Acorre a miña sonata
que prega baixo a lumieira
pola rúa,
namentras que vagaxeira
por antre nubes de prata
vai a lúa.
Soidá morna da noite,
corazón que ardes no vento
bretemoso,
saloucante e doce acento
que non has ter quen te escoite
saudoso.
Medo das portas fechadas
medo de todo o que axexa
nos sombrizos,
e medo do que latexa
nas nosas lamas inzadas
de cobizos.
A mar a engulir estrelas,
a lúa crebana os remos
en mil cachos.
E a canzón que non sabemos
ven cantarnos súas arelas
nos refachos.
Mentras túas meiguices bogan
nas augas craras e ledas
dun ensono,
prega por min, que me afogan
feras pantasmas inquedas
de un mal sono.
Na miña nao viaxeira,
da noite irei no segredo
en busca túa
e do meu amor á veira
aprenderás a ir sin medo
polos camiños da lúa.
Para facer unha nova busca, preme aquí.