Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Sorriso


INFORMACIÓN

Título:Sorriso
Disco:Rapazas, rapaces e rapazadas (1998)
Letra:Manuel Cuña Novás
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Mapoulada, mapoula do río
que mapoula é.

Quen alcende as escumas do frío
muiñeira é.

Quen marmura na lingoa do río
lavandeira é.

Quen pendura seu soño dun fío
tecedeira é.

Mapoulada mapoula do río
miña noiva é.

Para facer unha nova busca, preme aquí.